About
Apetéceche coñecer unha das cidades con máis ambiente de Europa? Entón este episodio é para ti, porque imos descubrir unha capital que transmite vitalidade e promete longas e intensas noites de festa. Un lugar cun mar de propostas culturais e que convida a facer algunha que outra falcatruada. Benvid@ a Ámsterdam!  Neste paseo contamos con dous viaxeiros de excepción:  Fran da Lobeira axudaranos a descifrar o barrio vermello coas súas historias de mariñeiro.  E Carina Fragoso ensinaranos que Ámsterdam é perfecta para unha viaxe exprés.  Veña, dalle unha escoita ao episodio 18 de Viaxantas e cóntanos que che parece.  ___________________________________________________________ Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
1h 16m 52s · Jan 16, 2022
© 2022 Spreaker (OG)