About
Que vos parece se falamos dunha das paisaxes máis simbólicas de Galicia, un lugar dende o que eres capaz de observar terras das catro provincias galegas e que como dicía Manuel María, está ferido polo lóstrego e a lenda. No episodio 6 de Viaxantas só me fai falta abrila fiestra da casa dos meus pais para levarvos ata o Pico Sacro. Acompañádesme? Para este paseo vou contar cun popurrí de voces, entre as que destacan a do profesor e escribor Xosé Manuel Lobato, unha das persoas que mellor coñece tódalas historias que hai ao redor deste xigante picudo con aires de grandeza. Falaremos de mitos, de milagres e dragóns, pero tamén haberá tempo para algo de historia pasada e presente do Camiño de Santiago da man de Carmen Cutrín, unha veciña do Concello de Vedra que conta con moitísima paixón a lenda do traslado dos restos do Apóstolo Santiago a Compostela. Agardo que disfrutedes moito do episodio. Xa sabedes que podedes atoparnos en Spotify, Ivoox, Apple e Google podcast, entre outras plataformas.
1h 7m 35s · Mar 28, 2021
© 2021 Spreaker (OG)