Episode image

Dende predicir o tempo ata Chat GPT: o poder dos superordenadores

O Descodificador

Episode   ·  0 Play

Episode  ·  36:05  ·  Jun 6, 2024

About

Lémbraste de O Bosque animado, sentirás a súa maxia? O renderizado das súas imaxes, é dicir, a creación das animacións a partir de modelos 3D, fíxose no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Pero ollo... A computación de alto rendemento (HPC, polas súas siglas en inglés) tamén está detrás das predicións meteorolóxicas, da rapidez con que se xestou Chat GPT e con moitas ferramentas que nos permiten simular escenarios (como os do cambio climático). Neste terceiro episodio de O Descodificador, un podcast de GCiencia en colaboración co CITIC, debullaremos en detalle as aplicacións e funcionamento dos superordenadores da man de María José Martín e Diego Andrade.

36m 5s  ·  Jun 6, 2024

© 2024 Spreaker (OG)