Episode image

Matemático Rodríguez, o primeiro gran científico de Galicia

O podcast de GCiencia

Episode   ·  0 Play

Episode  ·  33:21  ·  Oct 7, 2024

About

José Rodríguez, máis coñecido como Matemático Rodríguez, é o Científico Galego do Ano 2024. Nado en 1770 na pequena aldea de Bermés, en Lalín, foi brillante e moi recoñecido na súa época. Faleceu en 1824 en Santiago a causa dunha enfermidade descoñecida. A súa traxectoria científica foi asombrosa. Realizou viaxes por Francia, Reino Unido, Italia, Portugal e Alemaña para ampliar os seus coñecementos. Entre as súas fazañas, axudou a medir coa maior exactitude posible o metro. Este podcast afonda na figura deste sobranceiro matemático da man da investigadora Carmen Villanueva, autora da primeira tese sobre Rodríguez. Este episodio está producido por GCiencia para a Real Academia Galega de Ciencias. Coa colaboración da Xunta de Galicia, da Universidade de Santiago, do Consello da Cultura Galega e do Concello de Lalín.

33m 21s  ·  Oct 7, 2024

© 2024 Spreaker (OG)